top of page

Portal educativo onde atopar moitas actividades destinadas aos diferentes cursos de educación infantil e primaria para aprender a través de xogos.

APPS, WEBS E XOGOS DE INTERIOR.

ENTRE NUBES ESPECIALES

Nesta páxina podedes atopar 70  xogos de interior para poder facer cas nenas/os nestes días e unha recompilación de diferentes aplicacións para a tablet/ordenador, descargables para colorear e moitos recursos para estes días. Lembrade establecer uns tempos para o xogo cos aparellos electrónicos, non vos esquezades de inventar, bailar, ler, cantar ou xogar imaxinando!

Neste blog podedes atopar diferentes recursos descargables con explicacións sinxelas para traballar na casa.

Neste amplísimo blog poderedes atopar moito material para traballar diferentes aspectos do desenvolvemento das nosas nenas/os. O blog está principalmente destinado ás familias de nenas/os con Trastorno do Espectro do Autismo. 

Nesta páxina atoparedes moitos recursos e materiais descargables coas explicacións das actividades para realizar nas vosas casas. Son exercicios sinxelos de elaborar e moi importantes para o desenvolvemento e aprendizaxe das nosas nenas e nenos. 

 

Debido ao movemento #quedanacasa diferentes páxinas que ofertan cursos están a poñer en aberto e de forma gratuita actividades destinadas as/os máis pequenas/os da casa. No caso de Doméstika oferta diferentes cursos para realizar conxuntamente cas nosas/os nenas/os, dende iniciación á ilustración ou estampación ata stopmotion (tendes unha entrada no BLOG CREATIVO!).

Tamén en Pinterest podedes atopar moitas ideas para potenciar a creatividade.

 

bottom of page