top of page

ROSA CONTRA EL VIRUS 

A editorial Sentir pon a disposición de nais/pais e fillas/os este conto que axuda a explicar  aos máis pequenos que é un virus e en concreto a problemática derivada do Coronavirus e como xestionala. É un conto interactivo, polo que as nenas e nenos poderán desenvolver as súas propias estratexias. Nas últimas páxinas conta cunha pequena lista de recomendacións para pais baseándose na información aportada polo Colexio de Psicólogos de Madrid para facer fronte a esta situación. 

Podedes pinchar enriba da portada para comezar a lelo!

rosavirus.PNG

HOLA!ME LLAMO CORONAVIRUS

A psicóloga infantil Manuela Molina elabora este pequeno conto que explica de forma moi breve e sinxela como viaxa o coronavirus e como podemos evitar o seu contaxio. É un conto interesante para traballar coas nosas nenas e nenos a rutina de lavado de mans tan importante para facer fronte a este virus.  Lembra pinchar enriba da portada para comezar a ler e ter a posibilidade de descargar o conto ou incluso imprimir algunha das súas páxinas para lembrarnos de lavar as mans a menudo!

mellamocorona.PNG

¡QUIERO SALIR!

Neste pequeno conto Cova Díaz e Nico Ordozgoiti explican que é o coronavirus e por que quedar na casa é o mellor que podemos facer para vencelo. Temos o superpoder de quedar na casa!

quierosalir.JPG
bottom of page