top of page

RECURSOS EDUCATIVOS

Diferentes organismos e institucións están a desenvolver recursos educativos para poder traballar cos nenas/os dende casa.
1. Como comezar a traballar?​

Temos que ter en conta que a situación que se está a desenvolver é nova para todos e pode xerar preocupación ou malestar nos nosos nenos, así como en nós mesmos. Por este motivo é importante respetar os tempos de ocio ou de tranquilidade, así como non forzar en exceso ao traballo. Se ben é certo resulta de gran axuda establecer rutinas na casa para que os días sexan máis levadeiros e seguir mantendo un orde nos nosos quefaceres. Estas rutinas poden seguir as rutinas previas ao confinamento ou ben establecerse con claridade unhas novas mediante horarios feitos de maneira visual (os propios nenos poden debuxalos). No apartado de recursos educativos podedes atopar diferentes temáticas e recursos adaptados a distintas idades, polo que o primeiro paso será escoller cos nosos nenos aqueles que lles resulten máis interesantes ou atractivos. 

​2. Ideas para o establecemento de rutinas

 

Un dos retos destes días é o establecemento de rutinas cos máis pequenos. É importante manter os hábitos cotiás (vestirse, asearse, manter o ritmo de comidas, acostarse á mesma hora...), xa que nesta situación é facil perder o ritmo. 

Outro punto importante é o uso das tecnoloxías, sendo un recurso importante tanto para nenas/os como para adultos, tanto para a comunicación como para o tempo de ocio. Dito isto, non debemos caer no uso excesivo, polo que parte do establecemento das rutinas pode ser marcar un tempo resoponsable de xogo con estes aparellos. Existen un montón de recursos creativos para afastarnos do uso da tecnoloxía, no blog creativo desta páxina intentaremos subir diferentes proxectos para estes días. 

Unha boa idea pode ser facer un cartel con diferentes opcións de ocio para ter visible en casa (podemos pegalo na neveira ou en calquera sitio). Desta maneira os nenos poden escoller e elaborar o seu propio horario cada día. O noso obxectivo é aportar ideas para a elección autónoma das nenas/os.

3. A importancia da educación emocional.​

 

Nestes días de tarefas online e situacións fóra da normalidade non podemos esquecer traballar as emocións coas nosas/os nenas/os. Normalmente nos cursos de Educación Infantil e os primeiros cursos de Primaria comézase o día de clase levando a cabo pequenas asembleas nas que os nenos poden contar como se sinten e entender as emocións asociadas a diferentes situacións dos seus compañeiros. Estas actividades teñen moita importancia no recoñecemento das propias emocións e na xestión das mesmas. 

Unha boa idea para realizar na casa é facer estas pequenas asembleas ou preguntas acerca de como nos sentimos.

- Que día é hoxe? (podemos axudarnos dun calendario intervido polas nenas/os)

- Que tempo fai? (sol, nubes, choiva...)

- Como me sinto? (feliz, triste, contento, aburrido...)

- Por que me sinto asi? 

- Que fixemos onte? Se levades a cabo un pequeno rexistro nun diario podedes velo e recordalo.

- Que imos facer hoxe?

coloresmonstruo.JPG
bottom of page