top of page

 

GERÓNIMO STILTON

O grupo Planeta pon á nosa disposición un descargable para poder ler "Mi nombre es Stilton, Gerónimo Stilton". Este pode ser un bo momento para comezar a ler esta popular e divertida colección de libros recomendados para lectores a partir de 7 anos.  Pincha na portada para comezar a ler!

geronimo.JPG

50 CONTOS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS

 

 

 

Neste enlace podedes atopar 50 contos cos que traballar as emocións. Se non contades con ningún destes libros na casa, no enlace tamén podedes atopar videos dos contos lidos e recursos para traballar con eles. 

50CUENTOSEMOCIONES.JPG

 

EBiblio e GaliciaLe

Debido á situación actual a Xunta de Galicia facilita os trámites para poder rexistrarnos na biblioteca pública que desexemos. O trámite é moi sinxelo, só debemos escoller a biblioteca da que queremos ser socios e escoller o contrasinal do noso usuario. Ante a imposibilidade de acudir á biblioteca, nestas plataformas podemos atopar diferentes libros dixitais para poder ler en dispositivos como tablets, móbiles ou ordenadores.  Pinchando na foto podedes comezar o rexistro. 

galiciale.JPG

EDITORIAIS CON LIBROS PARA DESCARGAR NAS NOSAS CASAS

Diferentes editoriais poñen á nosa disposición distintos títulos de literatura infantil e xuvenil para poder descargar de forma gratuita. Pinchando no nome das editoriais podedes atopar os títulos e enlaces de descarga. 

BAÍA EDICIÓNS

BRUÑO

LÉELOFÁCIL (Santillana)

XERAIS

ANAYA

LIBROS COLEGANTES.jfif
bottom of page