top of page
lavatelasmanos.JPG

INFOGRAFÍAS E CARTEIS

Diferentes organismos como o Ministerio de Sanidade elaboran carteis informativos descargables para levar a cabo as mellores medidas fronte o Coronavirus.

autismoespaña.JPG

RECOMENDACIÓNS

DE AUTISMO ESPAÑA 

O 20 de marzo o Ministerio de Sanidade dicta unha instrución para que as persoas con autismo poidan saír á rúa durante o estado de alerta. A Confederación Autismo España elabora unha serie de recomendacións para estas saídas.

SERVPSICOUNED_edited.jpg

GUÍAS DE AFRONTAMENTO PARA NAIS E PAIS. 

O Departamento de Psicoloxía Aplicada da UNED poñen á nosa disposición diferentes guías para afrontar a situación de cuarentena, así como apoio psicolóxico fronte a preocupación ante a situación do estado de alerta.

retrincosdecores.JPG

RETRINCOS DE CORES

Este caderno é unha proposta do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, no que participaron nenas/os de diferentes idades.

Conta cun caderno emocional para facer nestes días, así como orientacións para a educación emocinal das nosas nenas/os.

Podedes descargalo pinchando enriba da portada.

COLEXIOOFICIALRECOM.JPG

RECOMENDACIÓNS

PARA ALUMNADO, FAMILIAS E PROFESORADO. 

O Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia transmítennos unha serie de recomendacións con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19.

IDEASCASANUBES.JPG

ENTRE NUBES ESPCIALES

Neste documento elaborado por Entrenubesdecolores podedes atopar ideas de manualidades, actividades sensoriais, aplicacións para móbil, tablet ou ordenador, canles de youtube con videos educativos e contacontos e moito máis. Para descargar o documento só tendes que picnhar enriba da portada. 

bottom of page