top of page
Buscar
  • OrieMardeFora

COMEZA A SEMANA DOS MUSEOS!

Nesta semana todos os museos vístense de gala para ofrecer actividades e experiencias únicas. O Día dos Museos celébrase o 18 de maio, pero xa se preparan durante toda a semana!

Aqui déixovos algunhas das actividades que propoñen, así como interesantes páxinas para poder entrar nos museos sen saír das nosas casas! Imaxínaste ver á Mona Lisa dende o teu sofá?


Este ano o tema da semana dos museos é «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión».


Historia Arte (HA!) é unha páxina moi completa onde atopar curiosidades e obras de museos arredor de todo o mundo. Moi recomendable!

EducaThyssen dende o Museo Thyssen Bornesmiza en Madrid publícanse varias actividades e tutoriais para coñecer diferentes técnicas artísticas de forma moi sinxela para aprender e comezar nas nosas casas.

Museo del Prado ofrece moitos recursos e actividades, neste enlace podedes atopar o xogo para familias proposto polo museo. Divertido e interesante!

CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo)


E por último unha actividade para todos! Imaxínaste crear o teu propio museo portátil? Poder levar todas as túas creacións nunha pequena maleta ou telos expostos na casa?

Isto ocurreuselle ao artista Marcel Duchamp fai case 100 anos! E regaloulle a Salvador Dalí unha maleta que contiñas moitas das súas obras en miniatura. Atréveste a realizar este reto? Colle as túas creacións favoritas e reprodúceas en miniatura. Aqui déixovos tutoriais e ideas para fabricar a vosa maleta ou museo portátil!



Podedes empregar un maletín vello, unha caixa de cartón ou todo o que se vos ocurra!


Arte para todos e boa semana!



1 visualización0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page