top of page

STOP MOTION PARA DIVERTIRSE!

  • OrieMardeFora
  • 20 abr 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 8 may 2020

O stop motion é unha técnica cinematográfica que consiste en sacar fotos de obxectos en diferentes posicións e, unha vez que se visualizan todas as fotos xuntas nunha secuencia, simular o movemento destes obxectos. Grabáronse moitas películas e efectos especiais con esta técnica, aqui vos deixo algúns dos exemplos máis coñecidos.





LA OVEJA SHAUN

Un clásico da animación en stop motion. Pinchando a imaxe podedes ver varios capítulos desta serie para todos os públicos.






GROMIT Y WALLACE

Pinchando na imaxe podedes atopar diferentes curtas destes dous entrañables personaxes.






Estes son só algúns exemplos, pero os recursos con esta técnica son moitísimos e incluso podedes atopar películas de Netflix feitas con esta técnica como "El principito" ou noutras plataformas como amazon prime na que podedes atopar "Fantastic Mr. Fox".


Podedes probar nas vosas casas a realizar un pequeno stop motion con obxectos cotiás ou plastilina se a tendes. Non fai falta unha cámara nin materiais específicos, existen aplicacións móbiles que nos permiten ter resultados casi profesionais como Stop Motion Studio ou Stop Motion Maker.



Xa podedes comezar a crear a vosa animación personalizada!


 
 
 

Comentarios


© 2023 by Little Tots Preschool.

Proudly created with Wix.com

  • RSS Icono Social
bottom of page