top of page
Buscar
  • OrieMardeFora

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Un día moi importante para todos os galegos, xa que pon en valor o noso idioma a través de grandes autores e obras literarias da nosa terra ou que empregaron a nosa lingua nos seus escritos.


Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Ricardo Carvalho Calero.


Aqui tendes diferentes enlaces para aprender xogando sobre a súa vida e obra.



A Real Academia Galega, a través da súa "Primavera das letras" ofrécenos moitos recursos e xogos interactivos e descargables para todas as idades! Botádelle un ollo e desfrutade!




EDUCACIÓN INFANTIL


Ademais dos recursos que podedes atopar na páxina da Primavera das letras, aqui tendes algúns recursos específicos para Educación Infantil ou primeiros cursos de Educación Primaria como:

Os Bolechas-Ricardo Carvalho Calero: os Bolechas preséntannos ao escritor e achegan unha das súas obras máis importantes (Scorpio) aos máis pequenos. Para poder lelo só tendes que pinchar enriba da portada!




Escoita e le o libro "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho, o seu único libro escrito para público infantil.

Audiolibro



Libro



Nestes enlaces podedes descargar fichas para traballar coas nenas/os de Educación Infantil sobre o autor dependendo do curso:



Aloumiños e que vivan as letras galegas!

8 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page