top of page
Buscar
  • OrieMardeFora

CREA A TÚA PROPIA REVISTA!

Actualizado: 8 abr 2020

Facer unha revista ou un diario pode ser unha actividade divertida nestes tempos, ademais podemos reflexar o que nos está a acontecer nestes días tan extraños.

Esta actividade é válida para todas as idades xa que podemos usar moitas técnicas máis aló da propia escritura. O debuxo, o collage ou as fotos poden ser técnicas moi interesantes para crear a nosa revista. O proceso de creación pode ser azaroso ou planificado, os pasos son moi sinxelos:


1. Busca todos os materias que poden facerte falta (folios, tesoiras, pegamento, revistas, lápiz, cores, fotos, pegatinas...)

2. Pensa na túa idea e fai un pequeno boceto. A revista pode ser do que ti queiras!

3. Dobra o papel como ti queiras, podes facelo pola metade, non dobralo ou crear diferentes formas. Aquí tes unha idea para facer unha pequena revista sen grapas!

4. Comeza a crear! Podes debuxar, escribir, pegar recortes de papel, etiquetas de obxectos ou fotos. A técnica de collage é moi divertida e permítenos crear sen coller o lápiz!

5. Encuaderna! O proceso de encuadernación pode ser moi sinxelo usando grapas ou podes coser a túa revista. Aquí podes atopar videos de cómo facelo, podes pedir axuda a un maior se o precisas.


O último paso pode ser fotografiar a túa revista para que a podamos ver!! Só tes que adxuntar á túa foto nos comentarios desta publicación. Estamos desexando velas!!








2 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page