top of page

Fai o teu propio libro de receitas!

  • OrieMardeFora
  • 13 abr 2020
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 16 abr 2020

Estes días na casa poden ser un bo momento para comezar a cociñar e para degustar as nosas propias creacións! Podedes atopar un montón de receitas en internet, en libros de cociña ou preguntando ás persoas maiores da casa. Cociñar é un proceso divertido e permítenos crear os nosos propios almorzos, postres ou ceas.

Para que vaiades collendo ritmo déixovos aqui varias receitas, unhas sen forno para os máis pequenos e outras un pouco máis elaboradas para facer cos vosos maiores. Ademais de algúns trucos para ser uns verdadeiros chefs!

Non esquezades apuntar os ingredientes e os procesos de elaboración na

vosa libreta de receitas para poder facelas tantas veces como queirades.

Tamén podedes compartir aqui os vosos resultados e meternos un pouco de fame!




RECEITA SEN FORNO


TARTA DE GALLETAS (Tarta da avoa)



Ingredientes

- Un paquete de galletas (pode ser calquera, coma as clásicas galletas María).

- 6 culleradas de cacao

- 200 gramos de manteiga

- Unha taza de leite



É MOI SINXELO!

Primeiro fundimos a manteiga (podemos facelo no microondas deixandoa medio minuto, tende moito coidado ao collela, o recipiente pode estar quente!). A esta manteiga engadímoslle o cacao en polvo e remexemos ben ata que teñamos unha mistura.

O segundo paso é coller un molde. Imos a mollar as nosas galletas no leite (que quede toda a galleta mollada) e imos a colocalas no noso molde. Unha vez teñamos unha capa de galletas molladas colacada botaremos unha capa da mistura de manteiga e cacao que xa temos feita.

Repetimos isto as veces que queramos poñendo sempre unha capa de galletas e despois unha capa do noso chocolate. O mellor é que a última capa da nosa tarta sexa de chocolate para poder decorala como máis nos guste (podemos empregar virutiñas de chocolate, lacasitos, froitos secos...).


LISTO! Só necesitamos meter a nosa tarta na neveira durante unhas horas ata que se poña un pouco dura e xa temos o noso delicioso postre!



Estas son receitas golosas para días puntuais, non esquezades levar unha dieta equilibrada todos os días!



No próximo post poderedes atopar diferentes rutinas de exercicio para facer cos nenos na casa!

 
 
 

Comentarios


© 2023 by Little Tots Preschool.

Proudly created with Wix.com

  • RSS Icono Social
bottom of page